Os viños da D.O. Ribeiro, protagonistas no curso de Sumilleres da Cámara de Comercio de Madrid

Os viños da D.O. Ribeiro, protagonistas no curso de Sumilleres da Cámara de Comercio de Madrid

A escola de hostalería da Cámara de Comercio de Madrid albergou este luns unha cata-presentación impartida pola xerente do C.R.D.O. Ribeiro, Cristina Alcalá, na que os alumnos do curso de sumilleres da citada escola puideron coñecer de primeira man a calidade e autenticidade dos viños da D.O. máis antiga de Galicia.

Durante o transcurso da acción, Cristina Alcalá brindou os presentes unha visión ampla e cercana do Ribeiro, da súa historia e as súas adegas, o seu pasado, presente e futuro, ademais de dar a coñecer as características que fan ao Ribeiro e os seus viños especiais e diferentes. A continuación, os alumnos cataron un total de 12 viños, trazando un percorrido pola diversidade de Ribeiro. Ao finalizar a xornada, Cristina declarou que “foron tres intensas e emotivas horas de divulgación a través da cata de viños”.

Esta acción enmárcase no convenio asinado por ambas entidades, segundo o cal a D.O. Ribeiro patrocina o curso de sumilleres máis prestixioso e veterano de España. A primeira acción dentro de dito convenio tivo lugar o pasado 7 de maio, cando un grupo de alumnos deste curso tivo a oportunidade de visitar a D.O. Ribeiro e descubrir o encanto dos viños e paisaxes da zona.

A través destas accións, o C.R.D.O. Ribeiro pretende dar continuidade ao plan de formación que iniciou neste 2017, que inclúe actuacións que permiten a divulgación da cultura e as particularidades desta D.O.

A cooperación con esta XXIV edición do Curso de Sumilleres preséntase coma un eixo fundamental no citado proxecto de formación e difusión da D.O. Ribeiro, posto que por este mesmo curso pasaron sumilleres que recentemente obtiveron importantes galardóns nacionais e internacionais. A propia Cristina, quen foi alumna da VIII promoción, afirmou que “Ribeiro aposta pola formación profesionalizada e este curso é unha referencia nacional en formación desde hai décadas”. Mención especial merece a recentemente proclamada pola Academia Internacional de Gastronomía como mellor sumiller do mundo, Mónica Fernández. Un feito que confirma a este curso como canteira dos mellores sumilleres do panorama español.

Comparte...