SEXTA EDICIÓN DO OUTONO GASTRONÓMICO DE TURGALICIA

SEXTA EDICIÓN DO OUTONO GASTRONÓMICO DE TURGALICIA

Máis de 130 casas galegas de Turismo Rural participan do Outono Gastronómico organizado por Turgalicia, que alcanza a súa sexta edición. Ata o 16 de decembro, cada unha delas ofrece varias posibilidades: o Menú Outono Gastronómico, o Paquete Outono Gastronómico e o Fin de semana Outono Gastronómico.

A primeira opción consiste nunha comida con entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés e viños de Denominacións galegas por un prezo de 30 euros.

No Paquete Outono Gastronómico, á comida súmanselle a pernoctación na casa rural, venres ou sábado, e o almorzo do día seguinte. O prezo é de 110 euros para 2 persoas en cuarto dobre ou de 70 euros para un comensal.

A terceira posibilidade consta de 2 menús outono gastronómico, máis o aloxamento e os almorzos, tamén con pernoctación o venres e sábado. Os prezos son de 190 euros para 2 persoas en cuarto dobre e de 130 euros para 1 hóspede en individual.

Tamén existe o Fin de semana Familiar Outono Gastronómico, para acudir con 1 ou 2 nenos de ata 14 anos, por 250 ou 290 euros.

Máis información en www.turgalicia.es ou no 902 200 432

Comparte...