Outono gastronómico en turismo rural 2015

Un total de 89 casas de turismo rural participan no 9º Outono Gastronómico

Menús e paquetes turísticos especiais que van desde os 30 aos 300 euros segundo se ecolla só o menú ou se contrate un fin de semana familiar para catro persoas, dous adultos e dous nenos, con menús e aloxamento incluídos. É o Outono Gastronómico que chega á súa novena edición coa participación de 89 casas de turismo rural de toda Galicia e o obxectivo de contribuír a dinamización das estancias neste tipo de aloxamentos turísticos durante os últimos meses do ano.

A gastronomía é o motor desta iniciativa, que se desenvolverá desde o 11 de setembro até o 13 de decembro, promovido por Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións de turismo rural de Galicia. Para ela os establecementos rurais ofrecerán dous menús diferentes, elaborados en base aos produtos da tempada e cunha clara aposta polos produtos con IXP e denominació de orixe de Galicia.

Como novidade para esta edición, os seus organizadores anunciaron que os usuarios desta iniciativa obterán como regalo unha botella de crema de licor ou un doce Capricho de Santiago. A relación dúas establecemientos participantes – 27 na provincia da Coruña; 22 en Lugo; 22 en Ourense e 24 en Pontevedra-  e os menús exclusivos que ofrecerá cada unha delas poden consultarse na web www.outonogastronomico2015com, desde a que se pode acceder tamén a un concurso a través do Facebook no que sorteará un fin de semana de Outono Gastronómico cada 20 días.

precios-outono-gastronomico-2015-gal

Comparte...