SABORES DE OUTONO EN OURENSE

SABORES DE OUTONO EN OURENSE

53 establecementos participarán na quinta edición do Concurso de pinchos “Sabores de Outono” que chegará do 19 de novembro ao 2 de decembro.
41 locais de tapas e pinchos concursarán coas súas propostas gastronómicas, mentres outros 17 restaurantes elaboran un menú específico con motivo do concurso. O único requisito en ambos os dous casos é que as creacións culinarias conteñan castañas, cogomelos e produtos representativos da gastronomía local de tempada.
A organización destaca o incremento de establecementos participantes, pois o ano pasado foron 26 os locais ourensanos que se sumaron.
O 2 de decembro farase entrega dos premios, divididos en categorías: xurado, prensa e popular.
En Twitter poderase seguir baixo o haghstag #Saboresdeourense.

Comparte...