Paco Roncero inaugura a primeira xornada da Festa do Melindre

Paco Roncero inaugura a primeira xornada da Festa do Melindre

A edición 2019 da Festa do Melindre conta este ano cun pregoeiro de recoñecido prestixio na gastronomía española, o chef Paco Roncero. Precisamente o cociñeiro, acompañado por bloggers e autoridades locais inauguraban un día moi completo que comezou na aldea de Furelos da localidade coruñesa. A feira de produtos artesanais abría tamén as súas portas pola mañá, como antesala do que sería o prato forte do día: o showcooking de pratos doces a base das tres elaboracións tradicionais de Melide: os ricos, almendrados e os famosos melindres. As receitas que preparou Roncero foron crema de limón amendoada, xardín de mazá de rico e tiramisú de melindres.

 

Comparte...