Paco&Lola, nova incorporación de Galicia Calidade

Paco&Lola, nova incorporación de Galicia Calidade

A adega do D.O Rías Baixas, Paco&Lola incorpórase ao selo de Galicia Calidade converténdose na 13ª empresa vitivinícola galega que conta con este distintivo de calidade, co que se recoñece o seu bo facer no sector do viño en Galicia. O selo foille entregado oficialmente por parte do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que destacou que o compromiso coa calidade dos viños desta cooperativa, a máis importante en número de socios do D.O Rías Baixas.

A empresa exporta hoxe en día o 40% da súa produción e está presente en 40 países, entre os que destacan Estados Unidos, Reino Unido ou Holanda. Neste sentido, Conde asegurou que “Galicia Calidade achega esa vinculación entre territorio e calidade” para favorecer a actividade empresarial nos mercados internacionais, polo que pode “achegar un valor engadido á estratexia de internacionalización da adega”.

Actualmente están integradas dentro do selo Galicia Calidade un total de 13 adegas do cinco denominacións de orixe: Rías Baixas, con Adega dúas Eidos, Adegas Tollodouro, Adegas Valdés, Vilarvín, Señorío de Rubiós, e agora Adega Paco & Lola; Monterrei con Quinta do Buble e Gargalo; Ribeiro con Adegas Narioa; Valdeorras con Adegas Ruchel e A Coroa; e Ribeira Sacra con Regina Viarum e Vía Romana.

Comparte...