Palencia aposta por Galicia no seu afán por ampliar o seu mercado e contatos empresariais

Palencia aposta por Galicia no seu afán por ampliar o seu mercado e contatos empresariais

A delegación da Diputación de Palencia chega ao Fórum Gastronómico da Coruña coa firme intención de mostrar ao mundo o seu gran potencial enogastronómico a través desta feria, considerada o maior escaparate do sector a nivel nacional e internacional. A Diputación de Palencia considera este evento enogastronómico como o escaparate ideal para dar a coñecer os produtos o Club de Calidade ‘Alimentos de Palencia’ así como unha magnifica plataforma comercial para establecer contatos con novos clientes e traballar na fidelización dos actuais, incrementando así a oportunidade de negocio. A institución dispón dun stand modular de 36 m2 onde os produtores expoñen os seus produtos e establecen relacións comerciais.

O vicepresidente da Diputación de Palencia, Luis Antonio Calderón Nájera, explica que ‘Alimentos de Palencia’ chega ao Fórum co obxectivo de abrirse un novo mercado e maiores posibilidades comerciais. Calderón Nájera recoñece que en Galicia, non sempre é sinxelo atoopar produtos típicos e de calidade de Palencia e, por ese motivo, queren darse a coñecer para favorecer futuras relacións comerciais. O vicepresidente palentino explica que “temos que ofrecer produtos distintos que non compiten directamente cos queixos ou viños galegos, por exemplo”.

O vicepresidente asegura que, ademais das empresas, están no Fórum hosteleiros palentinos que chegan a Galicia “para coñecer novas técnicas e a cociña galega, que sabemos que é un referente a nivel nacional”. “Queremos aprender e aportar todo o que poidamos”, engade.

 Selectos de Castilla (Villamartín de Campos), Quesos Cerrato (Baltanás), Bodega Negredo, (Palenzuela, Morcillas de la Abuela Kika (La Serna), Bodega Esteban Araujo (Torquemada), Destilería Esteban Araujo (Torquemada), Pastas y Hojaldres Uko (Cervera de Pisuerga), Quesos Campos Góticos (Villerías de Campos), Cecinas Hermanos Caballero Rojo, (Villarramiel) e Nueces Monnu (Palencia), son os dez produtores pertencentes a ‘Alimentos de Palencia’ que están presentes na feira. A eles hai que engadir a preseza de dous restaurantes do Club de Calidad, La Traserilla de Palencia e Los Lagares de Saldaña.

 Luis Antonio Calderón Nájera explica que ‘Alimentos de Palencia’ é unha marca “de produtos cunhas características singulares e exquisitas” típicos dunha terra na que a industria agroalimentaria está moi enclavada.

Comparte...