Palencia chega ao Fórum Gastronómico Coruña  para ensinar toda a súa riqueza e o seu saber facer culinario

Palencia chega ao Fórum Gastronómico Coruña para ensinar toda a súa riqueza e o seu saber facer culinario

Diputación de Palencia estará presente, por primeira vez, no Fórum Gastronómico da Coruña, que se celebra os días 12, 13 e 14 de marzo no pavillón Expocoruña. A Diputación palentina disporá dun espazo físico no que participarán dez empresas do Club de Calidad pertencentes á marca Alimentos de Palencia, un club integrado por 148 empresas.

As dez empresas que estarán no Fórum representan diversos produtos e sectores da súa gastronomía, sen dúbida un dos grandes atractivos desta terra castelá leonesa.

1. Selectos de Castilla (Villamartín de Campos) Creada en 1989, ofrece unha gran variedade de produtos do pato cunha calidade recoñecida nacional e internacionalmente.

2. Quesos Cerrato (Baltanás) Fundada en 1968, actualmente é a cooperativa queixeira máis grande de España.

3. Campos Góticos (Villerías de Campos) Queixo artesanal elaborado a partir de leite crúa de ovella.

4. Morcillas de la Abuela Kika (La Serna) Un produto artesanal, saboroso e moi xugoso.

5.  Cecinas Hermanos Caballero Rojo, (Villarramiel) Nos anos 60, comeza a elaborar artesanalmente cecina de equino. A súa fama trascendeu o mercado local e actualmente empezo a gozar do recoñecemento internacional.

6.Pastas y Hojaldres Uko (Cervera de Pisuerga) Venda e elaboración de pastas e hoxaldres desde 1957. Con eles poderemos degustar postres tan deliciosos como roscos artesáns, pastas de té, lazos de chocolate ou os populares ‘Socorritos’.

7. Nueces Monnu (Palencia) Pequena empresa que comercializa noces peladas enteiras.

8. Bodega Negredo, (Palenzuela) Viño da DO Arlanza: Quinta Negredo (100% uva Tempranillo).

9. Bodega Esteban Araujo (Torquemada) Producen e comercializan o viño baixo a marca “El Monjío“. Viños elaborados con tempranillo 100%.
10. Destilería Esteban Araujo (Torquemada) É a quinta xeración que se adica á elaboración de viños, destilados e licores.

Obradoiros de Cociña

A Diputación de Palencia tamén estará presente no Fórum a través da participación da hostalería do ‘Club de calidad’, realizando dous obradoiros de cociña, un quente e outro frío, con degustacións nas que se empregarán produtos das empresas que participan no evento. Unhas 100 persoas poderán asistir en directo á presentación e explicación destes obradoiros. Ámbolos dous se realizarán o martes 14 de marzo pola tarde e correrán a cargo dos restaurantes La Traserilla de Palencia, e Los Lagares de Saldaña.

O primeiro, de 16:00 a 16:40 horas, realizarase na Ágora da feira e levará por título ‘Con P de Palencia y Producto’. Trátase dun obradoiro en frío. Cada un dos restaurantes preparará unhas tapas especiais.

A outra sesión, ‘Armonías palentinas’, farase de 18:00 a 18:40 horas. Trátase dun obradoiro en quente con tapas moi especiais dos restaurantes La Traserilla e Los Lagares. Nos dous talleres, a degustación irá acompañada de viño.

Misión inversas

As empresas palentinas intentarán rentabilizar o máximo a súa presenza no Fórum da Coruña. Por iso, sete delas van participar en misións inversas. As misións inversas consisten nunha serie de reunións entre vendedores e compradores de distintos países para tentar acadar acordos comerciais. Estos encontros levaranse a cabo durante os tres días da feira.

Por outro lado, cabe destacar que dúas das empresas que estarán en Coruña preséntanse aos premios InnoFórum, que queren ser un recoñemento ao I+D+i das empresas. Valórase e prémiase o concepto máis innovador, o sabor máis orixinal e o packaging máis destacado. As empresas que se presentan a estes galardóns son a Destilería Esteban Araújo  co Vermút Corito, e Nueces Monnu coas súas noces peladas enteiras.

Comparte...