Pazo Casanova protagoniza a cuarta xornada do Cata a Arte

Pazo Casanova protagoniza a cuarta xornada do Cata a Arte

A adega Pazo Casanova foi a última protagonista do ciclo Cata a Arte, que une no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, desde o 27 de outubro e ata o vindeiro 1 de decembro, a presentación e degustación de viños D.O. Ribeiro con diferentes mostras artísticas. Na cuarta xornada do evento David Barco, director comercial de Pazo Casanova, presentou os seus viños Casanova, Pazo Casanova e Finca Viñoa; acompañado nesta ocasión do espectáculo dos músicos de jazz Virxilio da Silva á guitarra, e Álex Salgueiro ao órgano hammond.

Esta edición do Cata a Arte inclúe unha novidade solidaria: os asistentes ao evento terán a posibilidade de facer un donativo destinado á ONG Down Ourense. As persoas que colaboren coa asociación participarán no sorteo de lotes de viño das adegas e de diferente merchandising.

Comparte...