Pedro Sestayo, ganador del Campeonato Gallego de Coctelería 2014

Pedro Sestayo, campeón de Galicia de coctelería

Pedro Sestayo, profesor no Obradoiro de Emprego Terras do Miñor de Nigrán, alzouse co título de mellor cocteleiro galego do ano. O seu cóctel Pindo`s Sea and Mountain foi considerado polo xurado o mellor do Concurso de Coctelería de Galicia, organizado por AGABA (Asociación Galega de Barmen).

O segundo posto foi para Xoan Manuel Díaz, do restaurante vigués Mariña Dávila e campión da edición anterior.

Santiago Lamego, da coctelería compostelá Vaová, coa súa creación Lamegorujo, alzouse co Trofeo Especial ao Mellor Cóctel con Áugardente de Galicia, patrocinado polo Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Lamego e Sestayo serán os representantes galegos no Campionato Nacional da Asociación de Barmans Españois Málaga 2014.

Finalmente Carlos Abilleira foi o campión na modalidade acrobática de flairtending, que este ano se consolidaba coa súa quinta edición e seis participantes. Xunto con Miguel Durán, acudirán ao campionato nacional desta modalidade.

Un ano máis, o campionato organizado por AGABA foi un gran éxito de público, composto especialmente por mozos, en boa parte estudantes de hostalaría atraídos por un sector en alza.

Na galería fotográfica pódense ver algunhas das creacións presentadas a concurso.

Cóctel

Cóctel presentado al Campeonato Gallego de Coctelería 2014 (clic para acceder a album)

Comparte...