Pepa si que sabe ou a pescadora galega Youtuber

Pepa si que sabe ou a pescadora galega Youtuber

A partir de hoxe calquera comprador de marisco dispón dunha canle dixital máis onde consultar trucos, consellos para acertar e achegarse un pouquiño máis ao día a día dos pescadores e mariscadores. O ecommerce galego Pepa si que sabe acaba de lanzar á súa nova “influencer” en Youtube e redes sociais, unha campaña que fan coincidir co Nadal.

Entre os primeiros vídeos lanzados, atópase unha explicación de como son as cetarias ou os “spas do marisco”, unha alternativa ao conxelado que permite aos clientes desta tenda  online gardar vivas as súas nécoras, centolas ou  bogavantes ata as festas, sen ter que recorrer ao conxelado para conseguir un bo prezo.

A páxina, ademais de levar o nome da avoa de familia que está detrás desta empresa de Burela que conta cunha traxectoria de máis de 150 anos, é “unha homenaxe ás peixeiras de toda a vida, á súa desenvoltura, proximidade e sobre todo a toda a sabedoría que acumulan” segundo os seus propietarios.

Comparte...