Pepe Solla desembarca en Lisboa con Atlántico

Pepe Solla desembarca en Lisboa con Atlántico

O afamado chef estrela Michelin Pepe Solla, volve unirse a Compañía do Trópico para continuar coa expansión de Atlántico, o seu proxecto gastronómico en colaboración co grupo de restauración, que desembarca agora en Lisboa.

Atlántico – Pepe Solla, o novo espazo rexentado polo chef galego na capital lusa, está situado na área Gourmet Experience do Corte Inglés da Av. António Augusto de Aguiar e conta cun amplo horario (de 10:00 a 00:00 horas, excepto venres e sábados 10:00 a 01:00 horas). O local de Lisboa manterá a esencia de Casa de Comidas tanto a nivel culinario como de deseño e interiores.

Decoración pesqueira

O espazo estará dividido en dous ambientes, un interior e outro en terraza, separados por unha cristaleira que simulará un banco de peces. No interior do local destacará novamente o azul cobalto do Atlántico e o branco das zonas pesqueiras, así como distintos elementos decorativos que trasladan ás costas galegas e que son xa clásicos do proxecto.

Na terraza, espazo que o chef galego compartirá con varios recoñecidos chefs portugueses como José Avillez, Kiko Martins ou Henrique Sá Pessoa; e coas réplicas de espazos gastronómicos con Estrela Michelin como o Salón Cascabel ou o Asador Imanol. O mobiliario será máis informal e cun ambiente máis distendido.

Sabor a mar

Dentro dos pratos que poderán degustarse en Atlántico – Pepe Solla atopamos algúns dos máis emblemáticos de Casa de Comidas como o bonito en agridoce de pemento e algas, as navallas con salsa cítrica, a pescada con crema de pataca e ajada ou a costela de porco melosa e crujiente. Ademais, realizáronse algunhas incorporacións á carta con homenaxes produtos estrela portugueses como o bacallau, así como un carpaccio de lacón e crema de grelos.

O novo de Pepe Solla, o seu cuarto espazo inaugurado con Compañía do Trópico desde que a súa colaboración comezase en 2015 coa apertura de Atlántico Casa de Comidas, manterá as premisas que guiaron o proxecto desde os seus inicios: cociña de calidade, sinxela, humilde, de produto, moi galega e co toque “viaxeiro” de Pepe Solla.

Comparte...