Pepe Solla e Cristina Alcalá no Enocións by Ribeiro do 11 de xuño, na Cidade da Cultura

Pepe Solla e Cristina Alcalá no Enocións by Ribeiro do 11 de xuño, na Cidade da Cultura

O programa Enocións by Ribeiro, da denominación de Orixe Ribeiro, aposta pola gastronomía galega na súa segunda cita

A Denominación de Orixe Ribeiro e Pepe Solla suman forzas na segunda actividade do programa Enocións by Ribeiro, que vaise celebrar o 11 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago. Pepe Solla ofrecerá catro creacións gastronómicas preparadas para harmonizaren cos viños da D.O. Ribeiro e as emocións vividas durante a realización do Camiño de Santiago. A presentación dos viños virá da man de Cristina Alcalá. A música non faltará, a través dunha sesión de DJ Analís, e os asistentes poderán coñecer a exposición Camiño. A orixe cunha visita guiada en grupos reducidos.

O programa Enocións by Ribeiro quere reflectir as emocións que afloran durante a peregrinación a Santiago, a través dos sentidos, harmonizando disciplinas artísticas coa degustación de catro viños da Denominación de orixe que mellor expresa a esencia de Galicia. Nesta ocasión as referencias a catar serán: Armán Finca Os Loureiros, Canción de Elisa, Colección 68 de Costeira Treixadura e Finca Viñoa.

A xornada que comezará ás 19.00 horas no Museo Centro Gaiás, cun prezo de 12 euros. As entradas están á venda en www.ataquilla.com; na Reixa Tenda, de Santiago de Compostela; e na sede do C.R.D.O. Ribeiro, en Ribadavia. Toda a información da cita está no portal web www.movimientoribeiro.com 

A primeira sesión de Enocións by Ribeiro contou coa música de Guadi Galego e as fotografías de Xurxo Lobato e acadou un grande éxito; o 10 de setembro virá a terceira e última, co humor de Carlos Blanco.

vino-ribeiro-enocions

Comparte...