Pepe Vieira pecha portas… ata marzo de 2016

Pepe Vieira pecha portas… ata marzo de 2016

O restaurante dos hemanos Cannas dedicará estes meses a traballar nun novo espazo de creación

Tras oito anos de traballo ininterrompido, Pepe Vieira, o restaurante estrela Michelin dirixido polos irmáns Cannas, tómase un tempo de reflexión que lle levará a estar pechado ao público desde o 1 de outubro até marzo do ano que vén. Durante este tempo os seus fogóns non estarán apagados xa que o seu equipo traballará en novos menús e pratos para a próxima tempada, así como nunha “transformación tanto na cociña como na atmosfera do Camiño da Serpe”. “Durante este período ocuparémonos no desenvolvemento de novos pratos, novas ideas, dedicando tempo á formación interna do noso persoal e, en definitiva, traballar para que a experiencia que os nosos clientes teñen en Pepe Vieira mellore tempada tras tempada”, explican xefe de cociña Xosé T. Cannas. confiados en que este peche temporal sexa positivo tanto para o restarunte como para a súa clientela. . Esperaremos o regreso desta Estrela Michelín.

Comparte...