Pepe Vieira reabre o seu restaurante con 80 pratos inspirados na ‘Cociña da fin do mundo’

Pepe Vieira reabre o seu restaurante con 80 pratos inspirados na ‘Cociña da fin do mundo’

Un total de 80 pratos inéditos compoñen a nova proposta gastronómica do chef Pepe Vieira, denominada “A cociña da fin do mundo” pola súa inspiración na Galicia do Finisterre e a súa impactante xeografía. O cociñeiro do restaurante que ostenta a Estrela Michelin en Poio, Pontevedra, reabre despois de cinco meses de traballo, un periodo que o propio chef califica como “a temporada creativa”.

A dureza da orografía, a climatoloxía cambiante e a autenticidade que caracteriza os produtos deste privilexiado entorno constitúen as principais fontes de inspiración de Pepe Vieira. “Só pretendo ser o intermediario entre unha extraordinaria realidade natural e o prato”, afirma. “A idea é que o fluxo desa natureza siga o seu curso ata o comensal sen unha intervención aparente, un obxectivo que entraña un enorme esforzo e dificultade. Na medida en que o comensal sinta a natureza en estado puro, teremos triunfado”, explica.

Ao longo dos vindeiros meses, os visitantes poderán gozar de 80 pratos distribuidos en tres tipos de menú. Dúas das propostas estarán orientadas a comensais expertos en gastronomía, que buscan gozar ao completo da experiencia en Pepe Vieira. A terceira proposta ten fortes vínculos cunha filosofía de vida vegana. Un menú no que se recrean elementos da horta galega, e pequenos proveedores comprometidos ca natureza.

Ademais da nova conceptualización gastronómica, o restaurante levou a cabo un completo traballo de interiorismo a partir de materiais e texturas acordes con universo gastronómico de Pepe Vieira. O restaurante, situado agora no espazo central do edificio, é o resultado do traballo e adicación de múltiples artistas que deixaron pinceladas da súa experiencia, vinculándoas ao proceso creativo de Pepe Vieira.

Dispuxéronse dous mesados de mármore, deseñados por Jairo Bello para Levantina, firma líder internacional en piedra natural. Outros elementos destacados son a mantelería de liño puro deseñada por D-Dueunha réplica dos coitelos empregados por Cristóbal Colón na súa travesía ao Novo Mundo, deseñados e producidos por Juan Carlos Quintán, de Navallas de Taramundi; ou unha lámpada, deseñada por Jairo Bello e executada por Monroy, con ducias de puntos de luz independentes inspirada nas bateas típicas das rías galegas.

A apertura do restaurante Pepe Vieira, o sábado 1 de abril, constitúe o inicio dunha das temporadas gastronómicas máis atrevidas e arriscadas do chef galego e o seu equipo.

Comparte...