Pereira Hostalería e Audens Food organizan HORECA 100%, a primeira feira en exclusiva para o sector hostaleiro

Pereira Hostalería e Audens Food organizan HORECA 100%, a primeira feira en exclusiva para o sector hostaleiro

Pereira Hostalería e a compañía multinacional Audens Food unen as súas forzas para organizar HORECA 100%, a primeira feira deseñada en exclusiva para os profesionais do sector hostaleiro.

O evento, que terá lugar o próximo 25 de abril no hotel Pazo los Escudos de Vigo, ten como obxectivo achegar aos profesionais da hostalería as solucións que ofrece o mercado para que poidan sacar o máximo partido aos seus negocios. Para iso, Pereira Hostalería e Audens Food contarán co apoio dalgunhas das principais marcas de alimentos conxelados, tanto a nivel nacional como internacional: Pereira, McCain, Europacífico, Frigo, Carte D’Or, Ben&Jerry’s, Unilever Food Solutions, Frinca, Grupo Sada, Congelados de Navarra, Gicarns, Panamar e Dr. Oetker.

Desde as 11 da mañá e ata as 7 da tarde, os visitantes de HORECA 100% poderán gozar de inspiradores talleres e showcookings nos que se mostrará como preparar pratos que, ademais de deliciosos, sexan rendibles. Pablo García, cociñeiro de Unilever Food Solutions, explicará trucos e receitas para elaborar os mellores arroces, salsas e sobremesas. Carlos Barreira, chef do coñecido restaurante Ruxe Ruxe, preparará para Pereira novidosos pratos con peixes e mariscos; e Jorge Ponce, chef de Congelados Navarra, achegará ideas orixinais para traballar con verduras en todo tipo de restaurantes.

A feira HORECA 100% será unha ocasión única para que os hostaleiros poidan coñecer as últimas tendencias gastronómicas e compartir os seus coñecementos, necesidades e experiencias dunha maneira distendida e divertida. Para iso, ademais de degustar os diferentes produtos do evento, os asistentes poderán optar a gañar dúas entradas para o próximo Real Madrid – Celta de Vigo no palco Vip de McCain no Estadio Santiago Bernabeu, unha camiseta asinada polo plantel do Real Club Celta de Vigo ou un arcón conxelador.

Para poder acceder ao evento será necesario dispoñer dunha invitación, que os profesionais do sector poden conseguir cubrindo os seus datos no cuestionario que atoparán na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/ww12jem6aazSTnYQ2 .

Comparte...