Vinte restaurantes galegos optan a entraren no libro de receitas de Pereira Productos del Mar

Vinte restaurantes galegos optan a entraren no libro de receitas de Pereira Productos del Mar

A fase final deste concurso de receitas desenvolveuse en Vigo

O concurso de Pereira Produtos do Mar “As mellores receitas dos nosos restaurantes” segue consumindo etapas. Os 20 restaurantes galegos finalistas que optan a formaren parte do seu libro de receitas acudiron á fase de degustación na que presentaron os seus pratos ao xurado.

O xurado desta cita será quen decida que 10 receitas entran no receitario e cales levan os tres premios en metálico: o primeiro clasificado recibirá 1.000 euros; o segundo clasificado, 750 euros; e o terceiro clasificado recibirá 500 euros.

A fase final deste concurso de receitas de Pereira celebrouse en Vigo, en Las tapas de José (C/Ecuador, 61).

Comparte...