Pereira Productos del Mar anuncia aos gañadores do seu concurso

Pereira Productos del Mar anuncia aos gañadores do seu concurso

O concurso posto en marcha por Pereira Produtos del Mar para escoller ás receitas incluídas no seu receitario 2016 chegou xa ao seu fin. Tras a degustación por parte do xurado, en novembro, dos 20 pratos finalistas, a empresa anunciou aos gañadores do concurso, premiados con 1000, 750 e 500 euros respectivamente:

1º premio: “Yellowfin con tomates confitados y frutos secos”, do cociñeiro David Rodríguez Prieto (Restaurante da-VID, Vigo).
2º premio: “Vieira en crujiente de maíz sobre yuca, setas y castañas, esferas de yogurt picantes y crujientes de hoja de higuera y boletus” de Miguel González Quintela (Restaurante Gastrobar Sanmiguel, Ourense).
3º premio: “Terrina de langostino al punto en velo de papada ibérica, gel de manzana y plátano al curry” do chef David Couñago Freire (Restaurante Marina Davila, Vigo).

O Conselleiro Delegado do Grupo Pereira, José Enrique Pereira, destacou o nivel de todas as receitas presentadas ao concurso, que mesmo superaron as expectativas da empresa. Desde a compañía animouse aos restauradores para apostar nas súas cartas polos produtos do mar, tanto polas súas características nutritivas como pola súa alta calidade.

A esta primeira edición do concurso presentáronse máis de 50 receitas de toda Galicia, das que se seleccionaron un total de 20 para a fase de degustación. Ademais das dos gañadores, tamén se incluíron as receitas dos 9 finalistas do concurso:

  • “Vieira marinada, caviar cítrico, aguachile de algas y humo” de Gerson Iglesias Fernández (Restaurante Ruxe Ruxe, Vigo).
  • “Pulpo en crema de queso azul” de Remedios Rivero Álvarez (Restaurante “Casa Rivero”, Mondariz).
  • “Carpaccio Otoñal” de Esteban Cidanes Domínguez (Restaurante Esteban, Mos).
  • “Fabas de Lourenzá Mar y Montaña” de Inés Martínez Castiñeira (Restaurante A Canuda, Salvaterra de Miño).
  • “Batea de mejillones” de Janite de Taberna (A Mina, Vigo).
  • “Langostinos Valdevez” de Manuel Garrido Fernández (Restaurante Valdevez, Vigo).
  • “Cazuela de mero austral abordo” de Celia Prado Comesaña (Restaurante Basilio, Vigo).
  • “Risotto de frutas con fideos de chipirón y langostinos con reducción de Oporto” de Juan José Fernández López (Restaurante Monterrey, Ourense).
  • “Vieira con crujiente de otoño” de Flavio Morganti (Galígola Gastroteca, Ourense).

Pereira Produtos del Mar lanzará unha tirada de 2.500 receitarios, que poderán conseguirse fisicamente nas tenda de Pereira en Vigo, ou tamén descargarse na páxina web da compañía: www.pereira.es

Comparte...