O mellor peixe da costa galega identificarase individualmente coa marca “pescadeRías”

O mellor peixe da costa galega identificarase individualmente coa marca “pescadeRías”

As lonxas de Baiona, Bueu, Cangas, Fisterra e Portonovo serán as primeiras en aplicar un novo sistema de etiquetado do peixe fresco do día ao abeiro da marca de calidade pescadeRías, de onde se non?, creado pola Xunta de Galicia e que xa está identificando una parte substancial do peixe da flota artesanal galega.

A novidade consiste na identificación de forma individual de cada peixe cunha etiqueta seriada na que no futuro se incluirá un código QR para facilitar o acceso dos consumidores aos datos de trazabilidade dese peixe.

A marcaxe realizárana as propias confrarías, para o que na primeira fase disporán de 10.000 etiquetas en cada caso. O sistema empregarase fundamentalmente en especies de alto valor engadido.

O selo pescadeRías ¿de onde se non? é unha marca de calidade creada e rexistrada pola Xunta de Galicia que acredita que os produtos da pesca artesanal e do marisqueo están convenientemente identificados, teñen un alto nivel de frescura e se comercializan por empresas situadas en Galicia, que cumpren determinados requisitos de calidade, ademais dos esixidos pola lexislación no ámbito da seguridade alimentaria e do respecto do medio ambiente.

O secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, presenciou o arranque desta iniciativa de certificación hoxe na lonxa Fisterra.

Ata mediados de octubro deste ano certificaronse 14.849,3 toneladas de peixe e marisco co selo pescadeRías, o que supuxo un incremento do 40 por cento respecto do mesmo período do ano anterior.

Na actualidade hai certificadas con esta marca 23 lonxas e centros de venda, preto de 30 maioristas e transformadores. Tamén hai 36 restaurantes asociados á marca, debido a un convenio asinado coa Confederación Galega de Hostalería. Entre estes establecementos están todos os Paradores Nacionais de Galicia e a maioría dos restaurantes que contan con estrelas Michelín.

Comparte...