INCREMENTASE O VOLUME DE PEIXE CERTIFICADO POLA MARCA DE CALIDADE “PESCADERÍAS”

INCREMENTASE O VOLUME DE PEIXE CERTIFICADO POLA MARCA DE CALIDADE “PESCADERÍAS”

Ata mediados de outubro certificáronse 14.849,3 toneladas de peixe e marisco co selo PescadeRías, o que supón un incremento de máis do 31% na certificación de produto da pesca artesanal destinado á primeira venda en comparación co mesmo período de 2011.

A evolución desta marca de calidade tamén se reflicte nos establecementos adheridos a ela: 21 lonxas, 22 maioristas e 6 transformadores. Tamén hai 36 restaurantes asociados á marca, grazas ao convenio asinado no 2011 coa Confederación Galega de Hostalería -CEHOSGA-. Entre estes establecementos están todos os paradores da comunidade galega e a maioría dos restaurantes que contan con estrela Michelín en Galicia.

PescadeRías

O selo PescadeRías é unha marca de calidade creada e rexistrada pola Xunta de Galicia que acredita que os produtos da pesca artesanal e do marisqueo están convenientemente identificados, teñen un alto nivel de frescura e se comercializan por empresas situadas en Galicia, que cumpren determinados requisitos de calidade, ademais dos esixidos pola lexislación no ámbito da seguridade alimentaria e do respecto do medio ambiente.

Comparte...