Vermú St. Petroni

St. Petroni, un vermú galego fronte a dez europeos

Participa nunha cata na que é o único vermú español

St. Petroni, o único vermú vermello elaborado a partir de viño albariño, verase as caras con dez vermús internacionais nunha cata que terá lugar en La Vaca y la Huerta, dirixida por Francois Monti. O vermú galego, elaborado en Padrón con viños da adega Pazo Arretén, será o único español en participar.

A marca galega tamén estará presente no VI Salón de Destilados Premium e o IV Salón do Cócktail que organiza a Guía Peñín en Madrid o próximo día 26 de febreiro e que terá como convidado o vermú.

Dúas boas ocasións para que o público madrileño goce deste vermú galego cuxa produción se iniciou o ano pasado e que está a cultivar éxitos alí onde se presenta.

No número cinco da revista BenBo dedicamos unha reportaxe á coctelería con vermú na que, xunto con outras receitas de Lolo Castro e Pedro Sestayo atópase a do Martínez, de Xaime Rodríguez.

Comparte...