Presentación do viño Peza do Rei no Centro do viño da Ribeira Sacra

Presentación do viño Peza do Rei no Centro do viño da Ribeira Sacra

O Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, serviu de marco para unha presentación do viño Peza do Rei. O acto levouno o adegueiro César Enríquez e máis o enólogo  Julio Ponce.

O viño Peza do Rei está elaborado por Adega Cachín. Unha adega situada no lugar de Abeleda, no concello de A Teixeira, pertencente a subzona de Ribeiras do Sil da denominación; nada no 1992, mantén o seu carácter familiar co cultivo de 8 hectáreas de vides para uvas mencía, godello,  caíño e merenzao..

Peza do Rei foi un dos viños que se serviron a principios deste mes de outubro na cea de gala da Hispanidade en Washington.

Comparte...