Un restaurante de Pontevedra recoñecido coa “Marchio Ospitalitá Italiana”

Un restaurante de Pontevedra recoñecido coa “Marchio Ospitalitá Italiana”

O restaurante Il Piccolo de Pontevedra foi distinguido co selo “Marchio Ospitalitá Italiana”, unha marca de calidade para os restaurantes de cociña italiana fóra de Italia, concedido polas camaras de comercio italianas e o instituto italiano de investigación turísticas.

Con esta marca distinguen a restaurantes que garanten os estándares de calidade da hospitalidade italiana e que teñen que cumprir diversos requisitos como dispoñer de viños e produtos de calidade porcedentes de Italia, entre eles aceite de oliva. As cartas deberán estar traducidas ao italiano.

Un total de 30 restaurantes españois recibiron a marca este ano.

Comparte...