A Xunta aposta polos Pementos de Herbón “por ser produtos senlleiros de Galicia”

A Xunta aposta polos Pementos de Herbón “por ser produtos senlleiros de Galicia”

A Xunta apoia a posta en valor e comercialización dos pementos de Herbón, por ser “produtos agroalimentarios senlleiros de Galicia amparados por unha Denominación de Orixe Protexida (DOP)”

A Consellería do Medio Rural achegou dende 2014, de acordo coas declaracións de Ángeles Vázquez, “máis de 128.000 euros en axudas á Sociedade Agraria de Transformacion (SAT) A Pementeira”, con sede na localidade coruñesa de Padrón e que comercializa máis da metade dos pementos amparados polo devandito selo de calidade diferenciada.

Así o salientou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na súa visita ás instalacións desta SAT, na que puxo de manifesto o esforzo desta sociedade para aplicar a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) á súa actividade. Vázquez tamén mencionou a próxima creación da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). Este organismo terá como obxectivo “mellorar a protección e promoción dos alimentos producidos na nosa comunidade, así como potenciar as actividades investigadoras e de desenvolvemento tecnolóxico neste eido”.

Comparte...