Abre Plan C, punto de encontro para os amantes dos cogomelos e tapería en Celanova

Abre Plan C, punto de encontro para os amantes dos cogomelos e tapería en Celanova

Este mes de outubro abriu as súas portas Plan C, unha novidosa proposta que quere pór en valor a potencia micolóxica de Galicia.

Situada en Celanova, trátase dunha sala micolóxica tapería de 300 metros cadrados nos que se poden degustar os pratos dunha carta especializada en cogomelos, ata nos licores, pero tamén asistir a actividades nunha sala de conferencias ou consultar unha libraría especializada.

O seu promotor é Alejandro Mínguez, membro dunha familia divulgadora das posibilidades dos cogomelos que tamén son parte básica das Xornadas Micolóxicas de Celanova, que este ano chegan á súa edición número XXVIII.

Comparte...