NOVA EDICIÓN DE PONTE DE TAPAS, EN PONTEVEDRA

NOVA EDICIÓN DE PONTE DE TAPAS, EN PONTEVEDRA

Pontevedra vive do 23 de novembro ata o 9 de decembro, a 5ª edición do seu concurso de tapas “Ponte de Tapas”.

Son 44 os locais participantes neste certame de creacións a un prezo único de 1,50€, coa bebida á parte . O horario para degustalas é de 12:00 a 16:00 e de 19:00 a 23:30 excepto os días de descanso de cada establecemento.

Os premios decidiraos o público que visite os establecementos a través dos cupóns que se inserirán, unha vez cubertos, nas urnas situadas nos locais a tal fin, ou na Casa da Luz.

O público que participa dando os seus votos opta a numerosos premios, como xa aconteceu na IV edición que foi na pasada primavera.

Trátase dun gran motivo para regresarmos á cidade do Lérez.

Na fotografía, Capricho Ibérico, do Restaurante Cinco Puertas.
Comparte...