Pontevedra conságrase como a cidade coa mellor tapa de Galicia

Pontevedra conságrase como a cidade coa mellor tapa de Galicia

A IV Gala  ShowCooking  Mellor  Cociñeiro de Galicia, celebrada este martes no AC Palacio del Carmen tiña un obxectivo claro: elixir a mellor tapa de entre as sete propostas gastronómicas de cada unha das cidades galegas.  E foi o xoven chef Rubén González Vallejo de El Cafetín de la Alameda (Pontevedra) o que levou os dous galardóns da gala: o premio do xurado e o premio do público. Un galardón que recoñeceu a súa vieira afumada con carballo e loureiro sobre arroz de algas, coa que conseguira xa gañar, por quinto ano consecutivo, o concurso da súa cidade, o Pontedetapas.

O premio concedido polos asistentes, que votaban telemáticamente cada un dos pratos, completou o seu  pódium cos responsables da  Arrozaría  Os  Cachivaches e a súa preparación  Oink!!! e, en terceiro lugar, con Rafael Pérez Igrexas, de Vigo, co seu prato  Itsagorri. Para conseguir o seu galardón, o chef Rubén González  Vallejo tívoo complicado. E é que no AC Palacio del Carmen déronse cita este martes pola noite un total de 7 cociñeiros, gañadores dos respectivos concursos de tapas celebrados durante o outono de 2017 nas súas cidades.

En total había dous premios aos que podían optar estes cociñeiros: o premio do xurado profesional e o premio do xurado popular. Así, un total de 5 profesionais do sector participaron na elección da mellor tapa, pero ademais, o público asistente, entre os que se atopaban xornalistas, blogueiros, políticos e representantes de distintas asociacións relacionadas co turismo ou a gastronomía elixiu tamén a mellor tapa de entre as sete que puideron degustar. E o resultado foi unánime. A preparación de Rubén González levou ambos os premios.

Rubén con sus trofeos

Aínda que se debe recoñecer que todos os cociñeiros puxeron onte o listón ben alto durante a gala. A viaxe realizada entre as 7 cidades galegas, que empezou en Ferrol e terminou en Lugo serviu para que os asistentes puidesen degustar as propostas diferentes dos chefs, que se esforzaron por destacar as súas tapas, apostando sempre por incorporar un punto diferencial nas mesmas. Tendo en conta que o público votaba tanto pola presentación como polo sabor do prato, non é de estrañar.

Entre os discursos, tanto Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, como Rosa Quintana, Conselleira  do Mar, destacaron a calidade dos produtos galegos e a importancia do turismo de calidade. E por suposto o traballo dos profesionais, como os chefs presentes no acto, para conseguilo.

Unha viaxe de tapas por 7 cidades galegas

Así, o percorrido polas cidades galegas iniciouse coa sopa fría de améndoa tostada, escuma de  foie e perlas de Pedro Ximénez, elaborada por Alejandro Martínez  Bacelo, do ferrolán Café  Vanessa. Unha preparación delicada, pensada para marcar diferenzas.

A seguinte cidade que visitamos durante a viaxe foi A Coruña a través dos chefs  Sergio  Musso e Francisco  Chicón  de  Ecléctic. O seu pan de porco, verduras  encurtidas e escuma de xenxibre traía ás mesas sabores tan tradicionais como a orella de porco celta ou a lingua de vaca rubia galega, preparadas dun modo totalmente actual en forma de pastel de capas, sacando á luz a cara máis amable da casquería.

Desde Santiago, Álvaro Pérez Branco de Artesana Gastrobar presentou o seu Taco de  Outono, unha preparación con filloa como base, castañas,  zorza e  mousse de queixo San Simón, todo servido cun afumado de eneldo.

A seguinte parada da viaxe foi precisamente a gañadora, Pontevedra, apostando pola vieira afumada de carballo e loureiro sobre arroz de algas. Rubén González apostou por realizar un taco compacto de arroz  glutinoso, con algas  wakame,  kobu e  espirulina sobre unha vieira marinada durante un día en auga de mar.

Tapa de Ferrol

Rafael Pérez Iglesias, desde a Carpintería de Vigo apostou por unha tapa chamada Itsagorri e que combinaba as orixes vascas do chef coa tradición galega. Así presentou un pastel  prensado de xurelo marinado, pemento e anchoa en conserva.

Desde Ourense, Bianca  Coura, Pablo DomínguezGerson Iglesias apostaron por unha presentación chamada  Camiño de Santiago que estaba elaborada como unha falsa vieira, no que a cuncha era masa e o coral tratábase en realidade solombo de porco criado a base de castañas.

Por último, Alejandro Méndez  Lázare da lucense  Arrozaría Os  Cachivaches, puxo a nota sorprendente da noite coa súa preparación, chamada  Oink!!!, na que se apostaba por pasta  udon nun caldo estilo ramen, que incluía orella, verduras, flores e ademais, como punto diferente un  bombón de rebujito andaluz conxelado, recuberto de manteiga de cacao con  foma de landra, que os propios chefs explicaron, servía para limpar o sabor na boca despois de probar o prato.

Todo un percorrido pola gastronomía galega, que demostrou a calidade e o mimo co que os chefs traballan as súas elaboracións e que por suposto serviu para poñer en valor a calidade das tapas, un dos elementos máis característicos e demandados da nosa gastronomía.

 

 

Comparte...