Pontevedra e Rías Baixas suman esforzos no enoturismo

Pontevedra e Rías Baixas suman esforzos no enoturismo

A cidade de Pontevedra e a D.O. Rías Baixas asinaron un convenio de colaboración que aposta pola difusión conxunta dos produtos asociados á denominación, como a Ruta do Viño Rías Baixas, e maila cidade do Lérez. Trátase dun paso en favor do enoturismo.

As accións conxuntas a realizar estarán encamiñadas a outorgar unha maior visibilidade aos produtores asociados á D.O Rías Baixas, nas actividades de promoción turística de Turismo de Pontevedra, mediante programas que destaquen tanto a singularidade das instalacións – adegas, edificios históricos- como outras actividades turístico culturais: rutas, xornadas de degustación, catas…

Do mesmo xeito, a cidade será visible en notables encontros de tipo enolóxico como a HKTDC Hong Kong International Wine and Spirits Fair.

O presidente da D. O. Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, e a concelleira e presidenta de Turismo de Pontevedra, Carlota Román, materializaron o acordo na sede do Consello Regulador, no Pazo de Mugártegui.

Comparte...