PortAmérica pecha o seu cartel gastronómico coa confirmación de catro novos chefs

PortAmérica pecha o seu cartel gastronómico coa confirmación de catro novos chefs

A gastronomía volve ser un ano máis o centro dos focos do PortAmérica que acaba de pechar o seu cartel con 4 novas incorporacións: Jorge  Gago, Kike Piñeiro, Eloy Cancela e Gonzalo García. Os chefs únense a un cartel de 33 cociñeiros que protagonizarán o Show  Rocking Guía Repsol 2018, comisariados un ano máis por Pepe Solla.

A parte gastronómica é un dos elementos máis importantes do festival PortAmérica, que leva anos apostando pola fusión de música e gastronomía. A clave do elemento culinario do festival está en ofrecer petiscos de autor a prezos populares.

Como en anteriores edicións do festival, os chefs participantes no Show Rocking de PortAmérica serán de ámbito galego, nacional e internacional, todos de recoñecido prestixio. Ademais, como vén sendo habitual, traballarán xunto a estudantes de escolas de hostalería galegas, que poderán aprender de grandes figuras da gastronomía.

Para promocionar este espazo o Festival promete actuacións sorpresa no propio escenario co que contará o ShowRocking Guía Repsol e que permitirá que os asistentes gocen da música mentres degustan petiscos gourmet.

Esta iniciativa gastronómica foi merecedora de dous Premios Fest á mellor Zona de Restauración en 2015 e 2017. Un recoñecemento que valora o traballo que vén realizando o festival PortAmérica no ámbito gastronómico.

Entre os máis de 30 chefs internacionais cos que conta PortAmérica atopamos algúns dos mellores chefs da nosa comunidade: Pepe Solla (comisario) Yayo Daporta, Javier Olleros, Xoán Crujeiras, Julio Sotomayor y Dani Guzmán,Héctor López, Diego López, Lucía Freitas, Beatriz Sotelo, Álvaro Villasante, Roberto Filgueira, Jorge Gago, Kike Piñeiro, Eloy Cancela, Antonio Botana, Iñaki Bretal e Pablo Romero. Toda unha aposta pola fusión de gastronomía e música, que terá lugar do 5 ó 7 de xullo en Caldas de Reis.

 

Comparte...