PortAmérica encherá Nigrán de música e gastromía do 16 ao 18 de xullo

PortAmérica encherá Nigrán de música e gastromía do 16 ao 18 de xullo

Durante tres xornadas PortAmérica Rías Baixas volve presentar a fusión entre ritmo e cociña a través dun showcoocking que estará a cargo de 20 chefs internacionais con 10 Estrelas Michelin, capitaneados por Pepe Solla. Cunha ampla representación galega, os cociñeiros elaborarán petiscos creados especialmente para o Festival no que se darán cita no Porto do Molle en Nigrán máis de 30 bandas do panorama internacional da música indie.

Roberto Ruiz, de Punto Mx de Madrid; Mario Castrellón, Maito/Fume; Estanis Carenzo, Chifa; Pablo Pérez do Pulgar, Panamá; Manuel Núñez, Arume, Barcelona , Juanjo Pérez e Yolanda León de Cocinandos, León serán os cociñeiros procedentes de fóra da comunidade mentres que a representación galega virá da man de Alberto González, do Silabario; Yayo Daporta, Javier Olleros de Culler de Pau, Juliio Sotomayor e Dani Guzmán, do Nova, Héctor López, do España, Diego López, da Molinera, Lucía Freitas, da Tafona, Iago Pazos e Marcos Cerqueiro, dos Abastos 2.0, Álvaro Villasante, do Paprica e Nacho Rodríguez de Gastromanía.

Impulsado por Hijos de Rivera e coa colaboración de Turismo Rías Baixas, os 22 cociñeiros contará co apoio dos estudantes de escolas de hostalaría galegas que vivirán unha oportunidade única de aprender á beira de grandes figuras grazas ao Programa Co-cooking de Hijos de Rivera. Este programa ten como obxectivo pór en valor o alto potencial da cociña galega en combinación coa excelencia tanto dos nosos produtos de proximidade como daqueles que poderemos descubrir grazas á participación de grandes cociñeiros estranxeiros.

Entradas e transporte
O festival, que chega á súa cuarta edición, ofrece até o 1 de xullo abonos para o tres días de concerto por 45€+ gastos de distribución, prezos que non inclúen o aloxamento, que poderá ser en acampada ou en establecemientos hostaleiros da zona. Do mesmo xeito que en edicións anteriores, Iberia e Renfe ofrecen descontos especiais para aqueles que viaxen destino Vigo durante o Festival PortAmérica Rías Baixas. En Renfe é un 35%. En Iberia, será un10%, e estará dispoñible proximamente.

Comparte...