Conferencia de José Posada sobre o viño e homenaxe a Horacio Fernández

Conferencia de José Posada sobre o viño e homenaxe a Horacio Fernández

O venres 11 de xaneiro, dende as 8 da tarde e na Casa Grande de Viloira (O Barco de Valdeorras), José Domingo Posada Enríquez impartirá a conferencia “O futuro do viño. O viño do futuro”.

Trátase dunha actividade dentro do ciclo “Cultura do Viño” do Instituto de Estudos Valdeorreses. O relator é fundador e presidente de Posada Marrón Glacé, ademais de protagonista dunha longa traxectoria enogastronómica.

Na xornada tamén terá lugar unha homenaxe a Horacio Fernández, presidente de Godeval, polo seu traballo en favor dos viños de Valdeorras e o godello.

A entrada é libre.

Comparte...