“VIÑOS DO FUTURO, O FUTURO DO VIÑO”, A DERRADEIRA CONFERENCIA DE XOSÉ POSADA

“VIÑOS DO FUTURO, O FUTURO DO VIÑO”, A DERRADEIRA CONFERENCIA DE XOSÉ POSADA

O día chega con malas novas. O falecemento inesperado de Xosé Posada pon de loito o mundo das castañas e dos viños galegos. As primeiras porque da súa  man chegaron aos recunchos máis afastados, mesmo ata Xapón, e os segundos porque foi Posada gran amante do viño galego e deixou en libros e publicacións periódicas multitude de textos nos que mesturaba coñecemento, técnica, poesía e misticismo.

Foi o pasado venres cando Posada representou o seu último acto no teatro do viño. No marco da homenaxe ao Horacio Fernández Presas, da adega Godeval, Xosé pronunciou unha conferencia titulada “Vinos del futuro, el futuro del vino” que de inmediato remitiu a BenBo, amigo como era do noso proxecto.

Fiel ao seu estilo, antes de falar do futuro do viño fala de futuroloxía, dende os Arúspices aos modernos falabaratos das sesións nocturnas de televisión. Pero tamén informa sobre as tendencias no mercado do viño, os gurús, druídas, santóns e prescriptores, o viño do futuro e o seu mercado e mercadotecnia.

Neste día triste, BenBo quere compartir con todos os lectores as últimas palabras (formato pdf) de Xosé Posada. Nelas vai a nosa homenaxe a un gran profesional e un bo amigo.

Comparte...