A adega Pousadoiro, premiada co Bacelo de Prata polo seu compromiso coa cultura galega

A adega Pousadoiro, premiada co Bacelo de Prata polo seu compromiso coa cultura galega

A adega Pousadoiro, da Denominación de Orixe Ribeiro, mereceu o premio Bacelo de Prata, outorgado pola asociación Álvaro das Casas, nunha cerimonia que tivo lugar no Pazo dos Ulloa (Esposende).

O Bacelo de Prata salienta o compromiso da adega coa cultura e lingua galegas, idioma no que etiqueta toda as súas botellas e no que desenvolve a súa promoción dende hai máis de 15 anos, así como a propia calidade dos seus viños.

Alfredo Fernández Rodríguez é o propietario da adega Pousadoiro.

Comparte...