PREDIF presenta a súa guía de rutas do viño accesibles que inclúe un único itinerario galego, a de Rías Baixas

PREDIF presenta a súa guía de rutas do viño accesibles que inclúe un único itinerario galego, a de Rías Baixas

A Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF), entidade sen ánimo de lucro que representa e promove accións a favor das persoas con discapacidades físicas, presentou en Galicia a Guía de Rutas Enológicas de España, Accesibles para Todas as Persoas, publicación que recolle as 12 Rutas do Viño de España que se adaptan ás necesidades das persoas con algún tipo de minusvalía. E fíxoo en Cambados posto que a Ruta do Viño Rías Baixas é o único itinerario enológico galego que está recollido nesta publicación, elaborada co apoio das Fundacións Vodafone e ONCE. O acto tivo lugar en Cambados, sede do único itinerario galego incluído na publicación, a Ruta do Viño Rías Baixas.

O acto serviu ademais para a entrega dos distintivos de Turismo Accesible a 15 establecementos asociados da Ruta do Viño Rías Baixas que están incluídos na guía de PREDIF. Estes son: Barco de Recreo Mares do Grove, Adega Agro de Bazán, Adega Pazo de Señoráns, Adegas do Palacio de Fefiñanes, Adega Eidos, Adega Pazo Quinteiro da Cruz, Señorío de Rubiós, Casa Rural Pazo La Capitana, Hotel Augusta Spa Resort I, Hotel Augusta Spa Resort II, Hotel Balneario Louxo A Toja, Hotel Casa Rosita, Hotel Parador de Cambados, Hotel Restaurante Quinta de San Amaro e o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea (Arabo).

Xunto á de Rías Baixas atópanse outros itinerarios como os de Jumilla (Murcia), Garnacha Campo de Borja (Aragón), Rioxa Alavesa (País Vasco), Rioxa Alta (A Rioxa), Montilla-Moriles (Andalucía), Navarra, Ribeira del Duero (Castela e León), Ribeira do Guadiana (Estremadura), Rueda (Castela e León), Utiel Requena (Comunidade Valenciana) e Penedés (Cataluña).

A “Guía de Rutas Enológicas de España, Accesibles para Todas as Persoas” atópase dispoñible en formato impreso e dixital (http://www.rutasdelvinoaccesibles.predif.org/).

Comparte...