Premios na cata popular de viños e de receitas na Feira do Viño do Ribeiro

Premios na cata popular de viños e de receitas na Feira do Viño do Ribeiro

O IES Paseo das Pontes impúxose no concurso de receitas “Cociñar con Ribeiro”

A Feira do Viño do Ribeiro viviu en Ribadavia a súa edición número 51 con numeroso público e, dentro do seu programa, fixéronse públicos os premios na cata populares para estes viños galegos, organizada polo Consello Regulador do Ribeiro.

Na categoría de Viños Brancos de Adegas resultou galardoado como mellor viño Cunqueiro III Milenium 2.013, de Adegas Cunqueiro, S.L. En Viños Brancos de Colleiteiros, levou o primeiro premio Manuel Rojo 2.013 de Manuel Rojo S.L. e o viño Pazo Lodeiro 2.013 deJulio Vázquez Quintela recibiu o segundo premio. Por último, na categoría de Viños Tintos o primeiro premio recaeu en Pazos de Albor 2.012 de Alfonso Albor Rodríguez e o segundo premio foi para Elisa Collarte 2.012 de Elisa Collarte Bernárdez.

Na cata, as cegas, probáronse 18 marcas de viños brancos e 11 tintos destes viños galegos

Como Mellor Catador de Viños Tintos designouse a Daniel Pascual Feijoo de Ourense e, na categoría de Mellor Catador de Viños Brancos, a David Meléndez Morales, veciño de Viana do Bolo. Foron os que máis se achegaron aos resultados finais dos viños premiados.

Outra das actividades da Feira do viño do Ribeiro foi a segunda edición do certame concurso de receitas “Cociñar con Ribeiro”. Tres equipos foron os finalistas: o IES Manuel Antonio (Vigo), o IES de Foz e o IES Paseo das Pontes, que foi o gañador coa receita “Cremoso de castañas e chocolate, caramelo de Ribeiro sobre sopa de uva”.

As outras receitas finalistas eran Anguía frita con arroz mentolado ao aroma de Ribeiro e vinagreta de fiuncho, por parte do centro vigués; e Rodaballo recheo, con escuma de Ribeiro branco e crocante de Ribeiro tinto, presentada polo grupo de Foz.

Comparte...