AGABA resultó ganadora en el certamen

O ourensán Guillermo González convértese no subcampión de España en coctelería

O propietario do local “Moon 93”, Guillermo González, do Carballiño, resultou subcampión de España de Coctelería. Así o decidiu o xurado do Campionato Nacional desta disciplina, celebrado en Zaragoza a semana pasada. O xoves 8 de novembro o equipo galego de AGABA alzábase como un dos triunfadores nacionais. É a terceira vez que González recibe este premio e convértese en finalista. Tamén obtivo o primeiro recoñecemento no pasado campionato autonómico. Este galardón conducirao a unha cita que terá lugar en Sudamérica: o Campionato Panamericano de Coctelería. Será o único español e galego que participe.

 

Ademais, Galicia obtivo máis distincións. O pontevedrés Pablo Bugallo, resultou Campión de España en tiraje de cervexa, unha das catro categorías do certame. Foi unha edición que contou con 38 aspirantes segundo os datos da Federación Asociacións de Barmans Españois. As habilidades de Bugallo, xunto coas de González, os dous compoñentes de AGABA, posicionaron á Asociación Galega de Barmen (AGABA), como a subcampioa nacional.

Comparte...