Galicia lévase cinco marcas nos premios Mellores Viños e Espirituosos 2015 da AEPV

Galicia lévase cinco marcas nos premios Mellores Viños e Espirituosos 2015 da AEPV

Nos premios Mellores Viños e Espumosos 2015 a D.O. Rías Baixas levouse dous galardóns; e Monterrei, Valdeorras e Orujo de Galicia conseguiron un

A nivel estatal, Andalucía, con nove viños e espirituosos, erixiuse como a comunidade autonoma máis premiada, seguida de Cataluña con seis marcas e de Galicia, con cinco marcas.

Os membros da Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV) tiveron que decidir entre as 786 marcas propostas na primeira fase do concurso, das que pasaron á final un total de 153 viños e 36 espirituosos nos 11 capítulos aos que optaban.

O viño máis votado con 124 puntos foi Pago do Vigairo Petit Verdot Rosado 2011 que recibirá o Premio Federación Internacional de Xornalistas e Escritores do Viño (FIJEV); mentres o Premio Hotel Ritz ao espumoso máis votado recaerá no cava Gramona III Lustros Gran Reserva 2007, de Cavas Gramona.

Pódese consultar o medalleiro completo aquí.

Comparte...