Premios Magnum 2015

Premios Magnum 2015

Miguel Anxo Besada, sumiller de A Curva (Portonovo) recibiu o Premio Mágnum honorífico ‘Viñolvidable’ polo seu traballo a prol do viño galego no acto de entrega destes premios celebrado na Cidade da Cultura de Galicia.

Pola súa parte, Algueira foi premiada como mellor adega galega destacando que Fernando González “é, por dereito propio, un dos nomes que quedará para a posteridade do viño galego”.

O viño As Caborcas 2012, de Telmo Rodríguez, conseguiu o Premio Mágnum ao mellor viño  ao tratarse “dun caldo de Valdeorras que expresa o potencial e a elegancia que poden alcanzar os tintos desa zona” segundo o xurado.

A distinción para o mellor viño revelación galego foi para O Esteiro 2013, de Bodegas Albamar ao “ser un reflexo do gran momento de creatividade que atravesa esta adega”.

Asemade, Esther Daporta, do restaurante Yayo Daporta, foi nomeada mellor sumiller no tratamento do viño galego, pola súa traxectoria dende hai xa unha década en defensa e posta en valor dos viños galegos.

Finalmente, o Premio Mágnum á mellor labor de difusión recaeu en Mariano Fisac, responsable do blog ‘Mileurismo Gourmet’ e o autor do libro recentemente editado ‘Galicia Entre Copas’.

Comparte...