Premios Mágnum do Viño Galego do Instituto Galego do Viño, o martes 18 de marzo

Premios Mágnum do Viño Galego do Instituto Galego do Viño, o martes 18 de marzo

O Instituto Galego do Viño celebra o martes 18 de marzo ás 18 horas, na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago, a entrega dos cuartos Premios Mágnum do Viño Galego. 

Os internautas serán quen escollan ao gañador do premio Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego, a través do seu portal web , mentres que un xurado escollerá aos destacados nas outras categorías.

Estes son os finalistas dos Premios Mágnum do Viño Galego.

1)     Mágnum ao Mellor Viño Galego:

  • Goliardo Caíño Finca Genoveva 2011 – Forjas del Salnés
  • Zárate Tras da Viña 2009 – Bodegas Zárate
  • As Sortes 2011 – Rafael Palacios
  • Issué 2010 – Bernardo Estévez

2)     Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego:

  • A Coroa 200 Cestos 2012 – Adega A Coroa
  • Super héroe 2010 – Viños de Encostas
  • Finca O Pereiro 2012 – Bodegas Albamar
  • Sábrego 2010 – Quinta da Muradella

3)     Mágnum á Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños):

  • Algueira
  • Zárate
  • Coto de Gomariz
  • Dominio do Bibei

4)     Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego:

  • De Vinos – La Voz de Galicia
  • Fórum Gastronómico
  • Enofílicos.com
  • MileurismoGourmet.com

5)     Mágnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego:

  • Eva Pizarro (Restaurante Acio)
  • José Luis Aragunde (Viñoteca Ribeira de Fefiñáns)
  • Juan Ayerbe (ElSumiller.es)
  • Esther Daporta (Restaurante Yayo Daporta)

6)     Mágnum Honorífico “Viñolvidable” a un profesional destacado polo seu traballo a prol do viño galego:

  • Gerardo Méndez

Comparte...