O grande día dos viños do Ribeiro: premios e homenaxes

O grande día dos viños do Ribeiro: premios e homenaxes

A Denominación de Orixe máis antiga de Galicia celebrou a Gala dos Premios Ribeiro 2016 na que foron escollidos como mellor viño branco de adega Ramón do Casar Treixadura 2015; como mellor viño branco de colleiteiro, Pazo Tizón Extramundi 2015; e como mellor viño tinto, Viña Uzal 2015

Máis de 200 persoas congregáronse no histórico Mosteiro de San Clodio, en Leiro, para descubriren os mellores viños do Ribeiro do ano e os premiados nas distintas categorías. Os premios, ademais dos viños, recoñeceron a andaina de profesionais e establecementos hostaleiros.

Durante o evento entregáronse os galardóns aos mellores viños da D.O. Ribeiro, designados por un panel de cata de expertos que participou na cata final con mostras recollidas en mercado, seis de cada categoría. O grupo de profesionais estaba formado por Mikel Zeberio, xornalista gastronómico de Deia, entre outros diarios, David Seijas, ex sumiller de El Bulli, Bartolomé Sánchez, catador e foi director da revista MiVino, Salvador Manjón, director da publicación La Semana Vitivinícola, Eufrasio Sánchez, periodista de El Comercio de Gijón, Constantino Iglesias, da Asociación Galega de Catadores, Alberto Román García, da Asociación de Sumilleres Gallaecia, Pedro Villamarín, da Asociación Gallega de Sumilleres, Lorena Alonso, da Asociación de Enólogos de Galicia e os catadores Antonio Santamaría e Antonio Raluy.

O mellor viño branco de adega é para Ramón do Casar Treixadura 2015 de Adega Ramón do Casar; o mellor viño branco de colleiteiro recae en Pazo Tizón Extramundi 2015 de Pazo Tizón; e o mellor viño tinto é Viña Uzal 2015 de Julia Guntín Villanueva. Foron finalistas na categoría de branco de adega Farnadas, de Pazo Vieite; Cunqueiro III Milenium de Adegas Cunqueiro e Expresión de Pazo do Mar, de Adegas Pazo do Mar. Na categoría de branco de colleiteiro chegaron á final Eduardo Bravo, de José González, Pazos de Albor, de Mónica Albor e Mauro Estévez, de José Estévez. E por último, en canto aos tintos, Val do Deva, de Pilar Rivera; Señorío de Beade, da Portela e Sameirás, de Antonio Cajide, foron os finalistas.

O xornalista Cristino Álvarez recibiu o Premio “Persoeiro de Honra 2016”, en recoñecemento á súa traxectoria e máis á divulgación dos viños da D.O. Ribeiro a través das súas crónicas. Tamén quíxose homenaxear o traballo dunha vida do viticultor e adegueiro Avelino Lorenzo, co Premio Vida entre Vides. Como “Mellor tarefa de comunicación” galardoouse a Salvador Manjón (director de La Semana Vitivinícola); e Mayte Santa Cecilia, directora de márketing e de compras das madrileñas tendas Bodega Santa Cecilia recibiu,  o Premio “Muller e viño”.

Ademais, na cerimonia recoñeceuse aos profesionais e establecementos galegos que procuran a excelencia. En “Mellor servizo de viño en restaurante” destacouse ao Restaurante Galileo; o Premio “Mellor tenda especializada – Viñoteca” foi para Santorum; e o galardón á “Mellor taberna-bar de viños” recaeu en O Bacoriño. Foron finalistas O Retiro da Costiña e Restaurante Campos na categoría de “Mellor servizo de viño en restaurante”; El Yate e La Sucursal, na de “Mellor tenda especializada – Viñoteca”; e Adega do San Vicente e Bagos, na categoría de “Mellor taberna – bar de viños”.

Comparte...