Premios Ribeiro 2017. Arsenio Paz (Vilerma) e a sumiller gallega Mónica Fernández, entre os premiados pola D.O. Ribeiro

Premios Ribeiro 2017. Arsenio Paz (Vilerma) e a sumiller gallega Mónica Fernández, entre os premiados pola D.O. Ribeiro

Os premios honoríficos 2017 da Denominación de Orixe Ribeiro son a xornalista Sarah Jane Evans, “Premio de Honra”; Joan Gómez Pallarés, “Premio á Mellor Tarefa en Comunicación”; Mónica Fernández, “Muller e Viño”; e Arsenio Paz, “Premio Vida entre Vides”

A Denominación de Orixe Ribeiro anunciou os primeiros premiados da súa Gala 2017, nunha cita realizada na Arco de Mazarelos e o Restaurante Porta de Viño.

Trátase dun anticipo para os seus Premios, que o 20 de xuño no Monasteiro de San Clodio de Leiro, chegarán á súa sexta edición.

A nómina completa de premiados confórmana: a xornalista británica Sarah Jane Evans como novo “Premio de Honra”; o xornalista catalán Joan Gómez Pallarés, o “Premio á Mellor Tarefa en Comunicación”; a sumiller de Quiroga Mónica Fernández acada o “Muller e Viño”; e Arsenio Paz, responsable da adega Vilerma, recibe o “Premio Vida entre Vides”.

O Arco de Mazarelos é a porta da antiga muralla da capital de Galicia por onde entraban noutrora os viños do Ribeiro e o Restaurante Porta do Viño chámase así por esa anécdota histórica.

Aínda faltan por desvelarse os premiados no resto de galardóns da D.O. Ribeiro: Premio “Mellor servizo de viño en restaurante”; Premio “Mellor tenda especializada – viñoteca”; Premio “Mellor taberna – bar de viños”; Premio “Mellor viño branco adega”; Premio “Mellor viño branco colleiteiro” e Premio “Mellor viño tinto”.

Mónica Fernández e Arsenio Paz

No perfil facilitado dende a D.O. Ribeiro indícase que Mónica Fernández é a directora de sala e sumiller dos restaurantes do Grupo Bambú.

Entre as funcións do seu posto está a formación e supervisión dos equipos de sala de todos os locais, así como o deseño das cartas de viños. Recibiu o Prix au Sommelier (Premio ao Catador) outorgado pola Academia Internacional de Gastronomía en 2017 e o Premio Nacional de Gastronomía 2015 á mellor directora de sala.

Pola súa banda, Arsenio Paz, novo Premio “Vida entre Vides”, adquiriu xunto a Chon Labrador o lugar da Vilerma en 1977 e, daquela, quixo comezar a facer viño para os seus amigos.

Apostou por recuperar as variedades tradicionais e, aos poucos e sen pretendelo, lanzouse á explotación profesional do viñedo e contribuíu á revalorización e modernización dos viños do Ribeiro.

Así, no 1987 saíron ao mercado as botellas de Vilerma, branco e tinto.

Comparte...