Premios para os viños e licores e augardentes galegos coas catas de Galicia 2014

Premios para os viños e licores e augardentes galegos coas catas de Galicia 2014

As catas dos viños, licores e augardentes de Galicia 2014 xa fixeron públicos os seus resultados. Para este certame auspiciado desde a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o mellor viño branco de Galicia é o Rosal Quinta de Couselo (D.O. Rías Baixas); e o mellor viño tinto galego, Crego e Monaguillo (D.O. Monterrei).

Na cerimonia corresondente, entregáronse os Acios de ouro, prata e bronce para os mellores viños galegos;  e os Potes, estes para os licores e augardentes tradicionais.

No que corresponde coa Denominación de Orixe Valdeorras, os catadores escolleron ao godello de Godeval coma o mellor viño branco.

O Acio de ouro ao mellor viño Ribeiro é para o Viña Farnadas Treixadura (Pazo de Vieite); o mellor Rías Baixas, Pazo de Villarei Albariño; o Ribeira Sacra máis destacado, San Mamed Mencía (RosaMaría Pumar Rodríguez); e o mellor viño Monterrei, Quinta das Tapias treixadura (Pazo Blanco Núñez).

Na categoría de brancos saídos de colleiteiros e pequenas adegas, o Acio de ouro recaeu en Vía Arxentea treixadura e godello (Manuel Guerra Justo) da Denominación de Orixe Monterrei; e, entre os tintos de colleiteiros e pequenas adegas, o Acio recaeu no Ribeira Sacra Sollío (Victorino Álvarez Rodríguez).

Na cata de augardentes, o Pote de ouro é para a marca Bouza do Rei. Na categoría de licor de herbas o Pote de Ouro recaeu en Quinta Couselo; e na de licor café, destacouse a Abadía da Cova.

Relación completa de viños, licores e augardentes premiados

Comparte...