Pereira Produtos do Mar presenta a 12ª edición do seu recetario

Pereira Produtos do Mar presenta a 12ª edición do seu recetario

Un total de 12 recetas conforman o recetario que combina preparacións tradicionais con propostas de nova cocina. Pereira destaca a calidade dos platos presentados e anima aos restauradores a apostar polos productos do mar nas súas cartas

Os restaurantes Taberna A Mina, Niño Corvo, A Xanela Gastronómica y Gastrobar Sanmiguel conseguiron os primeros premios na II Edición do concurso de Pereira Productos do Mar “Las mejores recetas de nuestros restaurantes”, que tiña por obxectivo seleccionar as recetas da 12ª edición do recetario “Cocina de abordo”.

Esta iniciativa responde, segundo a empresa, á “responsabilidade de salvagardar o patrimonio gastronómico galego e o fomento do consumo de produtos do mar”.

Ruy Andrade, director de comunicación de Pereira, animou aos restauradores a apostar polos productos do mar conxelados nas súas cartas tanto pola calidade da materia prima como polas súas propiedades nutritivas e saudábeis.

“A conxelación mantén o valor nutricional de pescados e mariscos. Ademais, consérvase tanto o alto valor biolóxico das proteínas, como a cantidade de ácidos grasos instaurados, entre eles o omega-3, as vitaminas e os minerais”, apuntou Andrade.

12 recetas para a 12ª edición do recetario “Cocina de abordo”

  • “Bocado de vieira con crema de nécora e galleta de alga” da cociñeira Andrea Portela, de Taberna A Mina
  • “Rodaballo fritido” de Adrián Albino, de Restaurante Niño Corvo
  • “Carpaccio de pulpo, crema de piña asada, emulsión de pimentón e polvo de allada” do chef Ángel Martínez, de A Xanela Gastronómica
  • “Outubro 8.0” de Miguel González, de Gastrobar Sanmiguel
  • “Rodaballo recheo de zamburiñas en salsa de sidra” de Miguel González, de Restaurante Sanmiguel Gastrobar
  • “El cala-mar” de Carlos Barreira, de Restaurante Bocarte
  • “Bocado del mar” de Inés Martínez, de Restaurante A Canuda
  • “Luras 3 Xeitos” de Gerson Iglesias, de Restaurante Ruxe Ruxe
  • “Vieira con chirivía y morcilla en panko” de Restaurante Mijo Minibar 
  • “Tataki de rape a la brasa” de La Central Gastro
  • “Atún a la llama y caldo de manitas” de La Trastienda del 4
  • “Mejillones al sol” de Restaurante y Terraza Menduiña

Un xurado formado por cociñeiros profesionais, hosteleiros, xornalistas e blogueiros gastronómicos foron os responsables de valorar as 20 recetas e, en base ás puntuacións, seleccionar as 12 finalistas.

O xurado estivo formado por Fernando Franco, Rafa Centeno, Marta Fernández Vázquez, Pepe Domingo González, César Ballestero e Pepe Cadavedo.

Comparte...