Presentación do libro “Aguardiente, Historia de sus Orígenes y Evolución”

Presentación do libro “Aguardiente, Historia de sus Orígenes y Evolución”

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu esta mañá, durante unha clase maxistral, a presentación do libroAguardiente, Historia de sus Orígenes y Evolución”; a obra do autor compostelán Miguel Ángel Gómez González que analiza as orixes e a historia do augardente cunha perspectiva de 360º.

Durante a presentación, a cociñeira con estrela Michelín Beatríz Sotelo, do restaurante A Estación de Cambre, elaborou durante un pequeno showcooking para os presentes una das receitas con esta bebida incluída no libro: Amorodos con salsa de licor de herbas e pichón. Para iso, contou coa colaboración do docente do CSHG, Braulio García, e co chef do restaurante Manso de Santiago de Compostela, Alberto Lareo.

Miguel Ángel Gómez contou para a creación do seu libro con algúns colaboradores de luxo, entre os que se atopan Ignacio Orriols, doutor de Ciencias Químicas e exdirector do EVEGA; Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da USC; Alberto Lareo, chef do restaurante compostelán Manso; José Martí, director nacional da compañía produtora de espirituosos Bardinet e Jorge Conde Miguélez, artista e experto en Ciencias da Educación.

O prólogo da obra correu a cargo de Rafaél Ansón, presidente da Real Academia de Gastronomía; e a fotografía e maquetación do coruñés Alberte Sánchez Regueiro. Ao longo dos seus 20 capítulos os lectores poderán atopar a historia do augardente, así como a súa vinculación antropolóxica e o seu desenvolvemento xunto á evolución tecnolóxica; química, expansión xeográfica, cata, métodos de destilación, recomendacións de consumo, tratamento por parte de profesionais, vinculación coa cociña, definición, lexislacións, casos singulares de distintas zonas españolas e diversas teorías sobre o seu arraigamento ao noroeste de España.

Comparte...