O presidente da APEHL, premiado pola Federación Española de Hostelería

O presidente da APEHL, premiado pola Federación Española de Hostelería

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, foi galardoado pola Federación Española de Hostelería, na categoría de Directivo de Asociación Federada.

O galardón foille entregado na gala dos X Premios Nacionais de Hostelería, que recoñecen o traballo daqueles establecementos, empresas ou hostaleiros considerados exemplos para o sector. A gala celebrouse en Toledo, cidade que acaba de ser recoñecida como Capital Española da Gastronomía.

O premio a Cheché Real, que avala a súa traxectoria como profesional e a súa continua defensa da acción asociativa, chega xusto cando se cumpren 30 anos dos seus inicios na APEHL. A asociación luguesa busca fomentar o apoio e a colaboración dos hostaleiros coa administración, levar a cabo actividades formativas, facilitar o acceso dos mozos ao mundo laboral e lanzar campañas de apoio dos atractivos turísticos e gastronómicos da provincia.

Comparte...