Prestes incorporará un queixo azul e outro de vaca curado á súa oferta

Prestes incorporará un queixo azul e outro de vaca curado á súa oferta

A firma vilalbesa Prestes prevé iniciar nos próximos meses a fabricación de queixos con leite cru nas súas novas instalacións do polígono industrial de Vilalba, ás que trasladará a parte principal da súa produción de queixos amparados polas denominacións de orixe San Simón da Costa e Tetilla, así como outros tipo país.

Aparte do traballo con leite cru, as principais novidades serán dous novos tipos de queixo.

Por unha parte un queixo feito con leite de vaca, con varios meses de curación e elaborado en pezas de gran tamaño, polo que se comercializará en forma de cuñas.

O segundo queixo, que se producirá nas actuais instalacións da empresa, será un queixo azul, que probablemente teña dúas presentacións: unha cremosa, case para untar, e outra seca. En calquera caso será un queixo suave e non picante.

Prestes foi a primeira queixería que apostou por comercializar un queixo de San Simón curado co seu “reserva” de tres meses de curación (o dobre do mínimo esixido polo regulamento), inda que nas súas tendas é posible adquirir queixos de máis curación, chegando en ocasións aos doce meses.

Comparte...