Nace os primeiros destilados ecolóxicos galegos

Nace os primeiros destilados ecolóxicos galegos

Green Mixology, a primeira empresa española de bebidas premium exclusivamente ecolóxicas lanza ao mercado unha xenebra e vodka orgánicos. Un proxecto familiar formado polo mixólogo galego Diego Mosquera, os restauradores e agricultores ecolóxicos Jose Santiso e Chus Vázquez, de Fogar do Santiso.

Durante o 31º salón de gourmets estes emprendedores galegos presentarán os primeiros produtos da súa empresa, Green Mixology. Correrá a cargo do campión nacional de coctelería (2001) Diego Mosquera, consultor de bebidas premium e socio fundador da empresa e de Jose Santiso, agricultor e restaurador ecolóxico, unha presentación na que desgranarán os segretos da elaboración das súas bebidas “True Premium”.  Unha aposta que nace da necesidade de cambiar o modelo onde a todo se lle chama Premium.

A xenebra ecolóxica que presentan está elaborada con variedades de trigo primitivo e botánicos das súas hortas, destacando a folla de limoeiro e a peculiaridade de usar peles de limón e laranxa peladas a man. Para asegurar a calidade do destilado, a base alcohólica recibe 5 redestilacións.

É unha xenebra cunha alta carga botánica que confire en nariz un festival de aromas con gran intensidade e complexidade. Notas vexetais frescas, que evolucionan cara notas especiadas e cítricas creando unha xenebra con gran personalidade.

O vodka orgánico é o único no mundo elaborado con Millo pego, unha variedade autóctona que se mistura cunha base de trigo primitivo e que tamén recibe 5 redestilacións para mellorar o seu sabor e entrada en boca.

Un licor transparente, limpo e cristalino, en nariz fino e elegante destacan as notas de cereal fresco que recordan a panadería artesá, con lixeiras notas cítricas e vexetais.

Green Mixology é unha empresa familiar, que aposta por sabores primitivos e realiza exclusivamente produtos artesás ecolóxicos con ingredentes autóctonos galegos vinculando sempre as súas elaboracións coa herdanza e cultura de Galicia. Todos os seus produtos están amparados polo CRAEGA, Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Comparte...