Primeiros nomes e pasos do Fórum Gastronómico de Girona 2017

Primeiros nomes e pasos do Fórum Gastronómico de Girona 2017

O seguinte chanzo deste evento gastronómico itinerante entre Galicia e Catalunya celebrarase do 19 ao 21 de novembro

A organización de Fórum Gastronómico avanza os primeiros pasos da súa próxima edición, que será o Fórum Gastronómico Girona 2017, o 19 e o 21 de novembro, no Palacio de Congresos e Feiras da cidade catalá.

O eixo da cita será a gastronomía sustentable e máis a diversidade culinaria.

Fórum Gastronómico é un evento dacabalo entre Catalunya e Galicia, polo que non faltará a presenza galega -visible en cociñeiros e expositores profesionais- nesta nova celebración.

Dende o seu equipo apuntan a un crecemento importante do espazo feiral, do 20% respecto da pasada edición. Cociñeiros, actividades e feira profesional, da man.

Para promover o intercambio comercial, o Fórum Gastronómico de Girona tamén contará con misións inversas con compradores vindos de distintos países europeos interesados nos produtos presentes na feira.

O Fórum Gastronómico dispoñerá de espazos pensados unicamente para os expositores, onde poderán dar a coñecer os seus produtos e facer promoción.

Cociñeiros confirmados no Fórum Gastronómico de Girona 2017

Algúns dos cociñeiros xa confirmados serán  Joan, Josep y Jordi Roca (Celler de Can Roca), Paco Pérez (Miramar), Nandu Jubany (Can Jubany), Artur Martínez (Capritx), Pere Planagumà (Rom), Oriol Rovira (Els Casals), Oriol Castro, Eduard Xatruch y Mateu Casañas (Compartir), Sergi de Meià (Restaurant Sergi de Meià) ou Víctor Quintillà (Lluerna).

Tamén estarán Albert Raurich (Dos Palillos), Rafa Peña (Gresca), Toni Romero (Suculent), Damian Allsop (Mimo d’en Damián) ou Alejandra Rivas (Rocambolesc).

Outros nomes destacados son Andoni Luis Aduriz (Mugaritz), Marcos Morán (Casa Gerardo), Paco Morales (Noor Restaurant) e Rodrigo de la Calle (El Invernadero).

Entre os galegos non faltarán Javier Olleros (Culler de Pau) ou Iago Pazos e Marcos Cerqueiro (Abastos).

Na representación internacional irán a brasileira Roberta Sudbrack (sudtruck), a eslovaca Ana Roš (Hiša Franko), o londinense Isaac Mchale (the Clove Club) e os italianos Max Mascia (San Domenico) e Luca Marchini (L’Erba del Re).

Comparte...