A cociña e os produtos gastronómicos do Deza, no Fórum Gastronómico de Barcelona

A cociña e os produtos gastronómicos do Deza, no Fórum Gastronómico de Barcelona

A Deputación de Pontevedra leva a Catalunya o proxecto depoDeza e a rede gastronómica gastroDeza

A Deputación de Pontevedra presentou as accións gastronómicas que conformarán o seu programa de actividades no Fórum Gastronómico que se celebra en Barcelona do 20 ao 23 de outubro, coincidindo en tempo e espazo con Hostelco.

Son 39 as empresas da bisbarra do Deza que estarán representadas no Fórum Gastronómico de Barcelona grazas ao proxecto depoDeza, cofinanciado ao 70% polo FEDER.

Alí presentarase a rede gastronómica “gastroDeza”, que quere incrementar o gastroturismo na zona e que promoverá os produtos autóctonos, dos cales 30 estarán presentes no posto na feira da Deputación de Pontevedra, onde non faltarán as degustacións e as elaboracións por parte de cociñeiros.

Carnicería Cuiña, Pousa Licores del Cocido, Alejandro Iglesias (Restaurante Cabañas), Alba Varela (Restaurante Achacan), Santiago Carames (Casa Dondin), Casa Lodeiro, Diego López (La Molinera), Álvaro Sánchez (Casa Sánchez), Belen Ramos (Casa Ramos), queixos ecolóxicos Avega, Panadería Feijoo, Embutidos Lalinense, Centro Tecnolóxico da Carne, queixos Hoxe, Panadería Altamira… son algúns dos nomes desta embaixada gastronómica do Deza en Catalunya.

Ademais no Fórum Gastronómico presentarase a nova imaxe de Turismo Rías Baixas.

CookTrends no Fórum Gastronómico

O Fórum Gastronómico Barcelona presta unha atención especial ás innovacións culinarias na área denominada Cook Trends, espazo para as novas tendencias e innovacións que poden aplicarse nos restaurantes e negocios. É a aposta polas propostas culinarias temáticas, como o ceviche peruano ou a pasta italiana, corners de degustación de ostras ou tapas, e os novos formatos representados polos carros de comida, comida pensada para a rúa, food trucks, viños e vermús…

Serán 17 conceptos de restauración distintos cunha oferta na que se quere destacar a orixinalidade e personalidade.

Comparte...