Unha empresa exipcia interésase polos produtos gastronómicos galegos de Terras de Circine e Secretos de Galicia

Unha empresa exipcia interésase polos produtos gastronómicos galegos de Terras de Circine e Secretos de Galicia

Unha empresa exipcia, Quanta import Egypt, achegouse ata Lugo para descubrir os produtos gastronómicos galegos cos que traballa a empresa franquiadora Terras de Circine.

Entre as marcas de Terras de Circine está Secretos de Galicia, que conta coa dirección gastronómica a cargo da sumiller Mercedes González. Pequenos produtores poden mellorar a súa comercialización e internacionalización a través desta marca común.

O cociñeiro Santiago Almuiña, do Restaurante Colón (Nadela) colaborou na elaboración dos produtos que gozou a delegación exipcia. Tostas de Eira Tosta Gallega, tortillas, algas, ensaladas,sardinillas, galletas, tortas, bombóns…

Non faltaron os viños: o escumoso galego valdeorrés Chris (godello,treixadura e doa branca) da adega Fragamoura, o godello Godeval da D.O Valdeorras e o mencía Crego e Monaguillo

Comparte...